0

Fin de temporada en Monforte de Lemos. Marta Doviro e Antón Lezcano preparan algunha sorpresa para comprobar os recursos que teñen cada un dos dous cociñeiros, Antonio Botana e Beatriz Sotelo. Coma sempre, os dous equipos que se formen nesta final teñen que facer a compra no mercado de abastos, que acaba de ser rehabilitado para darlle un pulo ao comercio de proximidade.

Tamén hai tempo de perderse pola vila para coñecer o que se garda no Museo do Ferrocarril e tamén para entrar no Centro do Viño da Ribeira Sacra. O xurado popular está formado por unha representación do Club de Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos.

Ver vídeo

 

 

Deixa a túa opinión

Your email address will not be published.

0

X