Sobre

Terras de María Castaña

Terras de María Castaña nace a principios do ano 2012 motivado pola crise leiteira que viviu Galicia nese momento facendo desaparecer case a totalidade das pequenas explotacións familiares. Para facerlle frente, decidimos darlle un novo uso ás terras que parecían destinadas o abandono e adicalas a horta e fruticultura. 

Empregamos un sistema de produción agrícola que usa prácticas compatibles coa protección e mellora do medio ambiente, recursos naturais, diversidade xenética e conservación do solo e da paisaxe.

Frescura e

Calidade

Ofrecemos produtos da nosa horta, garantindo frescura e calidade. Ademáis coidamos a selección das froitas e verduras doutros proveedores, para que o cliente sempre teña a súa disposición os mellores productos do mercado. Tamén ofertamos productos galegos e da Ribeira Sacra como viños e licores, queixos, froitos secos, marmeladas, mel, aceites, conservas e pan…